lunes, 16 de enero de 2012

OS NENOS E NENAS PLANTAN BULBOS DE OUTONO

Unhas semaniñas antes do Nadal os nenos de Infantil, 2º, 3º e 4º de Primaria plantaron  bulbos de outono que comezarán a brotar nesta primavera. Os rapaces/as, que estaban moi ilusionados e participativos .Plantaron: Azafrán Iris, Ranúnculos, Narcisos, Fresia, Xacintos e Amarilis en diversos bancais do invernadoiro e na aula. A continuación,  identificaron as distintas especies a través dun cartel identificativo no que tamén se podía ver a mascota do invernadoiro, "Verdurito". Aquí achegamos unhas imaxes do ben que traballaron os nenos.


Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Customize a presentación

Está moi ben facer plantacións de bulbos pero é importante saber o que se planta. Seriades capaces de adiviñar a que planta corresponden os seguintes bulbos...?

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

COIDAMOS O NOSO CONTORNO Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting