lunes, 6 de abril de 2015

A MALLA DAS XUDIAS

Nos primeiros días do outono os nenos de 4 anos mallamos unhas vaíñas de xudías. Tratábase de recoller as nosas propias sementes para logo na primavera sementalas e poder cultivar ricas xudias.

MALLAMOS AS XUDÍAS on PhotoPeach

domingo, 5 de abril de 2015

A PLANTACIÓN DE BULBOS

Os alumnos de Infantil plantaron bulbos no outono que agora na primavera deron bonitas flores.

NENOS DE 3 ANOS A PLANTANDO BULBOS on PhotoPeach
 NENOS DE 3 ANOS B PLANTANDO BULBOS on PhotoPeach
NENOS DE 4 ANOS PLANTANDO BULBOS





sábado, 4 de abril de 2015

C0USAS DE OUTONO

Ao longo do curso os nenos de Infantil realizaron unha serie de actividades directamente relacionadas co coidado e descubremento do medio natural que xa foron recollidas nos correspondentes blogues de aula e que agora tamén queremos compartir con vós...

Os nenos de 3 anos descubriron con alegría as sorpresas do outono.





miércoles, 26 de noviembre de 2014

CRECENDO FORTES E SANAS


 As nosas verduras están crecendo fortes e sanas. 



As leitugas e escarolas dos nenos e nenas de 3 anos axiña poderán ser apañadas .


As coliflores dos alumnos e alumnas de 4 anos e as coles de Bruselas dos alumnos e alumnas de 5 anos aínda necesitan tempo. 



O romanesco (1º), os repolos (2º e  3º), o brócoli (4º) e os grelos (6º) están a crecer moi rápido.

        






Aínda que os faballóns tardaron máis en saír cas demais, xa están aquí.


martes, 11 de noviembre de 2014

PLANTANDO BRÓCOLI PASO A PASO

O alumnado de cuarto curso reproduciu o procedemento que levou a cabo para a plantación das xudías o curso pasado.  Unha vez colocados arredor do bancal,  localizamos onde goteaba o rego automático. Nese preciso lugar, fixemos un burato para plantar o brócoli.



Unha vez feitos os buratos, botamos auga.



Mentres un alumno colocaba unha planta no burato, outro aproveitaba para rodeala de terra.



Prestamos especial atención a que a planta quedara ben acomodada.


Aquí temos o resultado final.

lunes, 10 de noviembre de 2014

QUE PLANTAMOS NESTE CURSO?

 Primeiro curso plantou romanesco.




Os alumnos e alumnas de segundo e terceiro plantaron dous tipos de repolo diferentes.






O alumnado de cuarto curso plantou brócoli.


Quinto plantará faballóns. 


E os máis veteranos do centro, sexto, plantaron grelos.


domingo, 9 de noviembre de 2014

O ANTES E O DESPOIS DO NOSO INVERNADOIRO

Benvidos e benvidas de novo ao noso blogue. Este ano estamos especialmente felices porque fomos seleccionados para o programa VOZ NATURA. Aquí tedes o antes e o despois do noso querido invernadoiro onde aprendemos a apreciar algúns alimentos fundamentais da nosa dieta diaria. 

O primeiro paso á volta das vacacións foi acondicionar o invernadoiro de novo para os nosos pequenos e as nosas pequenas. Para iso, eliminamos as malas herbas que creceron as súas anchas durante o verán, movemos a terra e regamos a conciencia. Ademais, abonamos novamente co esterco de coello que tan bo resultado nos deu o ano pasado. 



 

COIDAMOS O NOSO CONTORNO Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting