Unhas semaniñas antes do Nadal os nenos de Infantil, 2º, 3º e 4º de Primaria plantaron bulbos de outono que comezarán a brotar nesta primavera. Os rapaces/as, que estaban moi ilusionados e participativos .Plantaron: Azafrán Iris, Ranúnculos, Narcisos, Fresia, Xacintos e Amarilis en diversos bancais do invernadoiro e na aula. A continuación, identificaron as distintas especies a través dun cartel identificativo no que tamén se podía ver a mascota do invernadoiro, "Verdurito". Aquí achegamos unhas imaxes do ben que traballaron os nenos.
Está moi ben facer plantacións de bulbos pero é importante saber o que se planta. Seriades capaces de adiviñar a que planta corresponden os seguintes bulbos...?