jueves, 21 de junio de 2012

MURAL SOBRE OS BULBOS DE OUTONO

Fíxemos un mural recollendo o proceso que seguimos para contestar a nosa pregunta sobre a relación entre o tamaño  dos bulbos e a altura alcanzada pola flor. 


domingo, 17 de junio de 2012

AS BOLBORETAS NAS AULAS DE 4º

Ollade este estupendo vídeo sobre as bolboretas:
Papilio Machaon e Bombix Mori.

miércoles, 6 de junio de 2012

EXPOSICIÓN DE PLANTAS AROMÁTICAS

Fixemos unha exposición na entrada do colexio sobre plantas aromáticas: as súas características, coidados, curiosidades e refráns sobre estas.

Xa sabemos que a planta aromática sen identificar é a MALVA (Malva sylvestris)                            Grazas pola túa colaboración.
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
A presentación by Smilebox

martes, 5 de junio de 2012

AS FRESSIAS

Por fin  florececeron as fressias !

lunes, 28 de mayo de 2012

CONCURSO DE PLANTAS AROMÁTICAS

Aquí tedes unha foto da planta misteriosa. Espero que vos axude.

                                VERDURITO

martes, 15 de mayo de 2012

DE OVO A POLIÑO

A continuación podedes ver un fermoso vídeo onde os alumnos de 4º C nos explican a súa experiencia con ovos e poliños. Parabén por este estupendo traballo.

viernes, 11 de mayo de 2012

OBSERVAMOS A EVOLUCIÓN DAS CABACIÑAS

Cada vez que imos ao invernadoiro medimos, observamos os cambios que se producen nas cabaciñas: saíron flores, as follas son moito máis grandes, a planta empeza a crecer sobre todo en diámetro máis que en lonxitude... e comparamos a evolución das cabaciñas plantadas no invernadoiro e as plantados no bancal exterior. Polo momento puidemos comprobar que o desenvolvemento das exteriores é moito máis lento.
Ademais de observar, temos que arrancar as malas herbas do bancal e comprobar se é necesario regar, xa que ás veces o rego automático non chega a todas as plantas ou non é suficiente .
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
This free scrapbooking design generated with Smilebox

domingo, 6 de mayo de 2012

OS BULBOS E A SÚAS FLORES

Mirade que bonitas son as flores que dan os bulbos de outono. O amarilis non sabemos como, rompeu en varios anacos, polo que tivemos que plantar outro na aula de 4º C. O azafrán e xacintos tamén foron plantados en aula. As fressias resístense a saír. Esperamos poder velas antes de que remate o curso.

ECOPATRULLAS

Xa estamos a rematar as quendas de ecopatrullas deste curso. O importante é non esquecer que debemos manter limpo o recinto escolar e a importancia da reciclaxe, non facendo falta que nos vixíe ninguén. É o noso deber!

martes, 1 de mayo de 2012

MIRADE COMO MEDRAN AS PLANTAS NO INVERNADOIRO

Este é o estado do noso invernadoiro rematando o mes de abril. Pronto teremos colleita.

lunes, 23 de abril de 2012

CULTIVO DA CABACIÑA

sábado, 31 de marzo de 2012

CHEGOU A HORA DE SEMENTAR NO INVERNADOIRO

Estos son os cultivos que sementamos neste curso 2011/2012:
  • Os nenos e nenas de Infantil de 3 anos plantaron leitugas.
  • Os nenos e nenas de Infantil de 4 anos plantaron alcachofas.
  • Os nenos e nenas de Infantil de 5 anos plantaron chícharos.
  • Os nenos e nenas de Primeriro de Primaria plantaron amorodos.
  • Os nenos e nenas de Segundo de Primaria plantaron faballóns, facendo sementeiros na aula.
  • Os nenos e nenas de Terceiro de Primaria plantaron pementos de Padrón.
  • Os nenos e nenas de Cuarto de Primaria plantaron cabaciñas, facendo sementeiros na aula.
  • Os nenos e nenas de Quinto de Primaria plantaron brécol.
  • Os nenos e nenas de Sexto de Primaria plantaron verzas.
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Personalize a presentación



Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación customized with Smilebox

sábado, 10 de marzo de 2012

OS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA FIXEMOS SEMENTEIROS DE CABACIÑA

Primeiro sacamos as sementes dunha cabaciña, deixámolas secar na aula,  e despois plantámolas en vasiños de iogur. Á semana xa tiñamos pequena plantas  listas para seguir medrando no invernadoiro.
Imos facer unha pequena investigación: plantamos cabaciñas no invernadoiro e nun bancal exterior para ir comparando o crecemento e desenvolvemento das plantas.
Xa vos iremos contando.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación customized with Smilebox

OS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL PLANTARON NO INVERNADOIRO

Esta semana os nenos de EDUCACIÓN INFANTIL foron ao invernadoiro e plantaron LEITUGAS, ALCACHOFAS e CHÍCHAROS.
Se queredes ver o ben que o fixeron, mirade as seguintes fotos...

NENOS DE 3 ANOS PLANTANDO LEITUGAS



NENOS DE 4 ANOS PLANTANDO ALCACHOFAS



OS NENOS DE 5 ANOS PLANTANDO CHÍCHAROS


sábado, 4 de febrero de 2012

VERDURITO E AS ETIQUETAS

Fixemos etiquetas para que verdurito dese a coñecer a todos os nenos e nenas que vaian ao invernadoiro o nome de todo o plantado. Fixémolas con cartolina plastifícandoas e colocámolas ao sementar os bulbos de outono. Cando volvemos en xaneiro puidemos comprobar que hai que seguir pensando en como  facelas. Comprobádeo vós mesmos.


viernes, 3 de febrero de 2012

O AZAFRÁN

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Educación Primaria fixemos un pequeno traballo de investigación sobre o azafrán. Medimos o bulbo, o tamaño que alcanzou a planta, predixemos e despois observamos a cantidade de tallos que ía ter, a cor e número de flores e aprendemos de onde sae o azafrán que se emprega para cociñar.


TEMOS MOITO QUE TRABALLAR!

Observade como está o invernadoiro despois da colleita do pasado curso. Temos que traballar moito antes de poder sementar: sacar herbas, remover a terra, aboar...
Pero o esforzo paga a pena, verdade rapaces?
<><><><><><><><> <><><><><><><>
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación personalized with Smilebox

Este ano cambiouse o plástico do invernadoiro. Despois da limpeza xa estamos preparados para sementar.

viernes, 20 de enero de 2012

OS NENOS DE 4º C MIDEN E DEBUXAN OS BULBOS

Preguntámonos se o tamaño do bulbo vai estar relacionado co tamaño alcanzado pola planta e a flor: canto maior sexa o bulbo maior será a planta e a flor?
Para poder respostar a nosa pregunta medimos e debuxamos os bulbos. Agora tócanos esperar a que crezan as plantas para seguir medindo.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
A free digital collage by Smilebox

miércoles, 18 de enero de 2012

GUÍA BÁSICA DE XARDINERÍA PARA NEN@S

http://www.lagenerala.com/taller/pdf/guia.pdf

Neste arquivo podemos obter información de distintos cultivos, as mellores épocas do ano para plantalos, etc.

lunes, 16 de enero de 2012

OS NENOS E NENAS PLANTAN BULBOS DE OUTONO

Unhas semaniñas antes do Nadal os nenos de Infantil, 2º, 3º e 4º de Primaria plantaron  bulbos de outono que comezarán a brotar nesta primavera. Os rapaces/as, que estaban moi ilusionados e participativos .Plantaron: Azafrán Iris, Ranúnculos, Narcisos, Fresia, Xacintos e Amarilis en diversos bancais do invernadoiro e na aula. A continuación,  identificaron as distintas especies a través dun cartel identificativo no que tamén se podía ver a mascota do invernadoiro, "Verdurito". Aquí achegamos unhas imaxes do ben que traballaron os nenos.


Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Customize a presentación

Está moi ben facer plantacións de bulbos pero é importante saber o que se planta. Seriades capaces de adiviñar a que planta corresponden os seguintes bulbos...?

 

COIDAMOS O NOSO CONTORNO Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting