domingo, 9 de noviembre de 2014

O ANTES E O DESPOIS DO NOSO INVERNADOIRO

Benvidos e benvidas de novo ao noso blogue. Este ano estamos especialmente felices porque fomos seleccionados para o programa VOZ NATURA. Aquí tedes o antes e o despois do noso querido invernadoiro onde aprendemos a apreciar algúns alimentos fundamentais da nosa dieta diaria. 

O primeiro paso á volta das vacacións foi acondicionar o invernadoiro de novo para os nosos pequenos e as nosas pequenas. Para iso, eliminamos as malas herbas que creceron as súas anchas durante o verán, movemos a terra e regamos a conciencia. Ademais, abonamos novamente co esterco de coello que tan bo resultado nos deu o ano pasado. 



0 comentarios:

Publicar un comentario

 

COIDAMOS O NOSO CONTORNO Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting