miércoles, 26 de noviembre de 2014

CRECENDO FORTES E SANAS


 As nosas verduras están crecendo fortes e sanas. 



As leitugas e escarolas dos nenos e nenas de 3 anos axiña poderán ser apañadas .


As coliflores dos alumnos e alumnas de 4 anos e as coles de Bruselas dos alumnos e alumnas de 5 anos aínda necesitan tempo. 



O romanesco (1º), os repolos (2º e  3º), o brócoli (4º) e os grelos (6º) están a crecer moi rápido.

        






Aínda que os faballóns tardaron máis en saír cas demais, xa están aquí.


martes, 11 de noviembre de 2014

PLANTANDO BRÓCOLI PASO A PASO

O alumnado de cuarto curso reproduciu o procedemento que levou a cabo para a plantación das xudías o curso pasado.  Unha vez colocados arredor do bancal,  localizamos onde goteaba o rego automático. Nese preciso lugar, fixemos un burato para plantar o brócoli.



Unha vez feitos os buratos, botamos auga.



Mentres un alumno colocaba unha planta no burato, outro aproveitaba para rodeala de terra.



Prestamos especial atención a que a planta quedara ben acomodada.


Aquí temos o resultado final.

lunes, 10 de noviembre de 2014

QUE PLANTAMOS NESTE CURSO?

 Primeiro curso plantou romanesco.




Os alumnos e alumnas de segundo e terceiro plantaron dous tipos de repolo diferentes.






O alumnado de cuarto curso plantou brócoli.


Quinto plantará faballóns. 


E os máis veteranos do centro, sexto, plantaron grelos.


domingo, 9 de noviembre de 2014

O ANTES E O DESPOIS DO NOSO INVERNADOIRO

Benvidos e benvidas de novo ao noso blogue. Este ano estamos especialmente felices porque fomos seleccionados para o programa VOZ NATURA. Aquí tedes o antes e o despois do noso querido invernadoiro onde aprendemos a apreciar algúns alimentos fundamentais da nosa dieta diaria. 

O primeiro paso á volta das vacacións foi acondicionar o invernadoiro de novo para os nosos pequenos e as nosas pequenas. Para iso, eliminamos as malas herbas que creceron as súas anchas durante o verán, movemos a terra e regamos a conciencia. Ademais, abonamos novamente co esterco de coello que tan bo resultado nos deu o ano pasado. 



 

COIDAMOS O NOSO CONTORNO Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting