Fixemos etiquetas para que verdurito dese a coñecer a todos os nenos e nenas que vaian ao invernadoiro o nome de todo o plantado. Fixémolas con cartolina plastifícandoas e colocámolas ao sementar os bulbos de outono. Cando volvemos en xaneiro puidemos comprobar que hai que seguir pensando en como facelas. Comprobádeo vós mesmos.
sábado, 4 de febrero de 2012
viernes, 3 de febrero de 2012
O AZAFRÁN
Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Educación Primaria fixemos un pequeno traballo de investigación sobre o azafrán. Medimos o bulbo, o tamaño que alcanzou a planta, predixemos e despois observamos a cantidade de tallos que ía ter, a cor e número de flores e aprendemos de onde sae o azafrán que se emprega para cociñar.
TEMOS MOITO QUE TRABALLAR!
Observade como está o invernadoiro despois da colleita do pasado curso. Temos que traballar moito antes de poder sementar: sacar herbas, remover a terra, aboar...
Pero o esforzo paga a pena, verdade rapaces?
<><><><><><><><> <><><><><><><>
Este ano cambiouse o plástico do invernadoiro. Despois da limpeza xa estamos preparados para sementar.
Pero o esforzo paga a pena, verdade rapaces?
<><><><><><><><> <><><><><><><>
This presentación personalized with Smilebox |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)