domingo, 18 de mayo de 2014

Estamos de volta!

Benvidos e benvidas de novo ao blogue do invernadoiro do CEIP Portofaro!

Aínda que levamos un tempo sen escribir, non quere dicir que non estivésemos a traballar moito!

A comezos deste curso estivemos limpando a fondo o invernadoiro, acondicionándoo para comezar a plantar, despois abonamos os bancais con esterco de coello que a mestra de Educación Musical, Carmen, nos doou, o que permitiu levar a cabo a posta en marcha do noso horto ecolóxico.

Dentro do invernadoiro temos nove bancais que se destinaron a cada curso de Infantil e Primaira:
Os pequenos de 3 anos plantaron acelgas, que xa estiveron colleitando.
Os nenos e nenas de 4 anos plantaron chícharos, que están medrando moi ben.
Os de 5 anos, plantaron leitugas, e xa colleitaron a primeira remesa delas.

Primeiro curso plantou cenorias e segundo pementos, que están medrando pouco a pouco.
Pola súa parte, terceiro plantou xudías e cuarto espinacas (xa recolleron algunhas).
Quinto plantou patacas e tamén plantas aromáticas a semana pasada nos bancais exteriores.
E os máis veteranos do centro, sexto, plantaron tomates.

Dá gusto ver como está a medrar todo grazas ao abono que nos proporcionou Carmen e ao coidado de todos!
Iremos subindo fotos para que vexades como foron medrando os nosos produtos.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 

COIDAMOS O NOSO CONTORNO Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting