Os nenos de 4 anos plantaron chícharos no seu bancal. Poideron sacar poucas fotos pero foron en distintas ocasións ao invernadoiro e coidáronos moito por iso tiveron unha boa colleita!
domingo, 8 de junio de 2014
OS NENOS DE 3 ANOS E AS ACELGAS
Os nenos de 3 anos visitaron este curso o invernadoiro con moita frecuencia. Unha das veces que foron plantaron acelgas.
domingo, 18 de mayo de 2014
Estamos de volta!
Benvidos e benvidas de novo ao blogue
do invernadoiro do CEIP Portofaro!
Aínda que levamos un
tempo sen escribir, non quere dicir que non estivésemos a traballar
moito!
A comezos deste curso estivemos limpando a fondo o invernadoiro, acondicionándoo para
comezar a plantar, despois abonamos os bancais con esterco de coello
que a mestra de Educación Musical, Carmen, nos doou, o que permitiu
levar a cabo a posta en marcha do noso horto ecolóxico.
Dentro do invernadoiro
temos nove bancais que se destinaron a cada curso de Infantil e
Primaira:
Os pequenos de 3 anos plantaron acelgas, que xa estiveron
colleitando.
Os nenos e nenas de 4 anos
plantaron chícharos, que están medrando moi ben.
Os de 5
anos, plantaron leitugas, e xa colleitaron a primeira remesa delas.
Primeiro
curso plantou cenorias e segundo pementos, que están medrando pouco
a pouco.
Pola súa parte, terceiro
plantou xudías e cuarto espinacas (xa recolleron algunhas).
Quinto plantou patacas e
tamén plantas aromáticas a semana pasada nos bancais exteriores.
E os máis veteranos do
centro, sexto, plantaron tomates.
Dá gusto ver como está a
medrar todo grazas ao abono que nos proporcionou Carmen e ao coidado
de todos!
Iremos subindo fotos para
que vexades como foron medrando os nosos produtos.
jueves, 21 de junio de 2012
MURAL SOBRE OS BULBOS DE OUTONO
Fíxemos un mural recollendo o proceso que seguimos para contestar a nosa pregunta sobre a relación entre o tamaño dos bulbos e a altura alcanzada pola flor.
domingo, 17 de junio de 2012
AS BOLBORETAS NAS AULAS DE 4º
Ollade este estupendo vídeo sobre as bolboretas:
Papilio Machaon e Bombix Mori.
Papilio Machaon e Bombix Mori.
miércoles, 6 de junio de 2012
EXPOSICIÓN DE PLANTAS AROMÁTICAS
Fixemos unha exposición na entrada do colexio sobre plantas aromáticas: as súas características, coidados, curiosidades e refráns sobre estas.
Xa sabemos que a planta aromática sen identificar é a MALVA (Malva sylvestris) Grazas pola túa colaboración.
Xa sabemos que a planta aromática sen identificar é a MALVA (Malva sylvestris) Grazas pola túa colaboración.
| A presentación by Smilebox |
martes, 5 de junio de 2012
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


